A presenza de biotoxinas nas augas galegas obriga un día máis a pechar o 76% dos polígonos de bateas da nosa comunidade.
Só se permite extraer este bivalvo nalgunhas zonas de Vigo e da Arousa, polo que o sector mexilloeiro lamenta xa as perdas que está a ocasionar para eles este episodio.
Segundo os datos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, o Intecmar, só se pode extraer mexillón en 14 polígonos situados en Vilagarcía, Cambados, Cangas, Redondela e Vigo.
Aínda non se pode facer unha estimación sobre cando poderá volver abrir o cen por cento das bateas, aínda que dende este organismo advirten que xa se está rexistrando unha mellora no sur de Galicia.
Malia que o sector mexilloeiro xa está afeito á presenza de toxinas nesta época do ano, recoñece que non é normal que afecte a tantos polígonos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.