Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
15 de mayo de 2014
TRAS O PARÓN CORES DE CAMBADOS AUMENTA AS SUAS VISITAS
Un pouco de autobombo, para poñer un sorriso a un mal dia.
Hoxe aínda que é un dia triste, para a "alma mater" de CORES DE CAMBADOS, estamos felices de poder decir e proclamar aos catro ventos que xa chegamos aos 100.000 visitantes.
Nunca pensamos que en pouco máis de dous anos íamos ter este nivel de audiencia. Aló por xaneiro do 2012 publicamos a nosa primeira entrada coa única pretensión de expresar as críticas ou loanzas, o noso punto de vista do acontecer diario de Cambados, do Salnés, da provincia e tamén de Galicia.
Como sabedes tivemos uns paróns por varios motivos, e durante eses periodos de tempo perdemos audiencia que pouca pouco fumos recuperando.
Non pretendemos loitar contra ningún blog por ter máis visitas nin contra ningún partido político no poder ou na oposición. Pero a estos últimos, sobre todo aos que gobernan, que mentras o fagan non deixaremos de denunciar o que nos creemos inxusto ou mal feito. Xa levamos cruces ao lombo suficientes coma para non rexer con outra máis. Dixemos que non nos ían a silenciar e non o farán. Non hai "caudillos" ni "Maruhendas" suficientes mentras os nosos lectores nos sigan apoiando.
Todos sabemos que os "espías" pululan por internet, perfís falsos nas redes sociais ou perfís reais con duas caras. Fai un tempo que decidimos non bloquear a ninguén mentras foran educados.
As persoas bloqueadas por nos, foron afastadas por comentarios inapropiados ou directamente ofensivos.
VOS SODES PARTE FUNDAMENTAL DE CORES DE CAMBADOS.
POR TODO ESTO GRAZAS A VOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.