Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de mayo de 2014

DÍAZ CASTRO, TRADUCTOR E POETA





Xosé María Díaz Castro (Guitiriz, Lugo, 1914 - Lugo, 1990) foi un tradutor i escritor en lingua galega.
Ingresou no ano 1929 no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo, aínda que non se ordenou, e foi profesor en Madrid, onde se trasladou no ano 1948. Debido aos seus coñecementos de catorce idiomas traballou como tradutor no Instituto de Estudos Hispánicos e no Ministerio de Interior. Foi autor dunha única obra, o poemario Nimbos (1961), que influíu nos poetas en lingua galega posteriores, pola súa perfección e pola súa preocupación por Galicia e os problemas básicos do ser humano, a vida, a morte e o tempo.

Díaz Castro adoita ser encadrado dentro da Xeración de 1936 a carón de poetas como Ricardo Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro e Aquilino Igrexa Alvariño. Na súa obra móstrase unha reflexión sobre o destino humano a través da preocupación existencial e relixiosa e de comuñón coa natureza.

Nun dos seus poemas máis coñecidos, «Penélope», reflexiona sobre unha Galicia que permanece durmida, non desprezando, con todo, a esperanza para a súa terra.


O 3 de outubro do 1990 foi soterrado Xosé María Díaz Castro, no cemiterio de Guitiriz, coa asistencia de escritores e veciños, coma Manuel María, Uxío Novoneyra, Darío Xohán Cabana, Luís González Tosar, Miguel Anxo Fernán-Vello, Paco Martín.
Celebrou o acto, o seu amigo Alfonso Blanco Torrado, que pronunciou unhas palabras.
Tamén falaron na Igrexa, Xulio Xiz, Manuel María, Luís González Tosar…


O 21 de xuño de 2013 a Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas deste ano 2014
.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.