Clausura da escola o ano pasado. |
Este ano vaise misturar a actividade deportiva coas visitas lúdicas e culturais. Trátase dunha experiencia integradora que fomenta valores como o esforzo, o traballo en equipo e que pode facer máis atraíntes as vacacions dos escolares.
O 15 de xullo está previsto un percorrido polos contidos do museo do Viño, na avenida da Pastora; o 30 de xullo os alumnos coñecerán o estadio de Pasarón (Pontevedra) onde ralizarán un lixeiro adestramento; o 15 de agosto adestrarán na praia de San Tomé, onde tamén poderán aproveitar para darse un baño; o 30 de agosto, os alumnos farán un percorrido pola ría en catamarán, mentres que ó longo dos dous meses practicarán actividades acuáticas como paddle surf -bodyboard.
Os organizadores ofrecen, ademais das actividades ó aire libre, ecursións, clases de inglés, visitas de xogadores e adestradores de alto nivel, xunto coa práctica doutros deportes, como o tenis e baloncesto no complexo do Pombal, así como tenis de mesa no pavillón de San Tomé.
A escola iniciará a súa actividade ás 8.30 horas da mañá todos os días, de luns a venres (o pasado ano só eran tres días á semana), e rematará ás 14 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.