
O Cambados non pudo rematar da mellor maneira tempada. Unha derrota diante dos rapaces da base que acudiron a Burgáns a presentarse diante da afección local.Con todo, a derrota ante o Cruceiro do Hío non empaña o bo curso dos de Neno Millán.

Ao término do choque a atención centrouse na grada Un home, duns 80 anos de idade, tropezou cun asento e caeuse sobre o bordillo de cemento da grada. Afortunadamente, no lugar dos feitos había dúas sanitarias do 061 (nais de nenos da base) que lle realizaron os primeiros auxilios e estiveron con el ata a chegada da ambulancia.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.