Durante cinco días, 23 operadores rusos, 6 procedentes de Kazajistán, un de Uzbequistán e outro de Bielorrusia percorrerán as catro provincias galegas nun fam trip organizado por Turismo de Galicia en colaboración con Marfil Travel, unha empresa especializada en servizos de receptivo para un gran número de operadores turísticos de mediano e pequeno tamaño de Rusia e mercados próximos.
O Plan Integral de Turismo de Galicia recolle na liña estratéxica 5, centrada na comercialización de Galicia como destino único baseado nun modelo a demanda, accións a impulsar relacionadas coa promoción unificada da marca Galicia a través de prescriptores.
No programa da viaxe inclúese a visita á Coruña, a Santiago de Compostela que incluirá a catedral e o casco histórico –así como as cubertas e o botafumeiro-, a Alameda e tamén a oferta culinaria da cidade.
En Lugo visitarán a Muralla romana e o casco histórico e a catedral ademais de disfrutar da comida típica. Trasladaranse tamén ao Cebreiro, porta de entrada do Camiño Francés en Galicia e ao Piornedo e os Ancares.

De igual modo, percorrerán Baiona e achegaranse ás Illas Cíes, onde farán unha ruta a pé. E realizarán unha visita pola cidade de Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.