A Volta a España 2014 desenvolverá dúas etapas en Pontevedra, provincia que a caravana ciclista percorrerá na súa grande parte. En concreto, serán o 11 de setembro, xoves, a etapa 18 con saída en A Estrada e chegada ó monte Castrove (Meis), e o dia seguinte, venres 12, con saída dende a Fortaleza de Salvaterra de Miño e final en Cangas de Morrazo.
A nova foi confirmada hoxe polo presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o director xeral da Volta a España, Javier Guillén, no acto de entrega ó Concello de Vilanova de Arousa dun cadro do inicio da Volta 2013 dende a batea ubicada no peirao de Vilanova.
A etapa do 11 de setembro partirá da Estrada e pasará por Cuntis,
Pontecesures, Catoira, Vilanova, Monte Lobeira, Cambados, Ponte Arnelas
(probablemente), Ribadumia, Meaño, Dena, Vilalonga, Portonovo, Sanxenxo,
Combarro, Poio, Pontevedra (cidade pola que pasará dúas veces), de
novo Poio e Combarro para chegar á meta situada no alto do monte
Castrove, no campo de golf en Meis.
Tanto Louzán como Guillén destacaron que, probablemente, o percorrido determinará os resultados deportivos finais da Volta tendo en conta a dificultade das subidas ó Monte Lobeira, o Monte Castrove e o campo de golf de Domaio.
As Rías Baixas terán, de novo, un alto protagonismo e un notable espazo de promoción e proxección mediática na Volta a España, dixo Louzán.
Pola súa banda, Guillén destacou que a Volta estará unha semana completa en Galicia e que o final da carreira será na Praza do Obradoiro, en Santiago, como broche de ouro á conmemoración da peregrinación de San Francisco a Santiago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.