Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de mayo de 2014

CHAPUZAS NAS OBRAS DA DEPUTACIÓN. CARTOS TIRADOS?




Cada certo tempo espertamos con obras ao noso arredor. Sobre todo en campaña electoral, estas proliferan coma moscas pretiño da merda.
De chapuza propia de seres ignorantes ou directamente "burros", con perdón dos animales, pódense cualificar o que están facendo na estrada que vai de Castrelo(Cambados) a Dena (Meaño).
Unha lectora do noso blog fainos chegar a seguinte queixa.

Estamos chegando ao verán i en campaña electoral i están a darlle un lavado de cara a estrada que vai dende o Couto en Castrelo ata Dena.
A obra está a facela unha empresa portuguesa, seguramente unha subcontrata dunha empresa amiga da Deputación.
 Non deben de saber que as arquetas de pluviais son para eso,o desague das aguas da chuvia, que tamen as asfaltaron.  Como se ve na foto.

Porque certas empresas amigas subcontratan con empresas portuguesas i en que condicións se atopan os traballadores portugueses?.
Está este o noso país tan ben que xa rexitamos obras menores?.
Quenes serán os "listos" que deseñan estas obras?.
Cando se teñan que descubrir as arquetas, a quen lles pasarán o "recibo"?.





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.