Na mesma adiantou que os galegos terán que rascarse os petos en septembro cando chegue a hora de mercar os libros de texto para os fillos.
O modelo implantado por Fraga e continuado polo bipartito non se sostén segundo o conselleiro e a partires do curso 2014-15 dependerá da renda familiar, que as familias accedan as axudas.
Para reforzar a sua tese Vázquez Abad dixo: "Non se pode comparar unha familia galega con ingresos normais coa familia de Amancio Ortega ou do alcalde de Pontevedra ou a miña si a tivera". O alcalde de Pontevedra non puido máis que por unha cara rara pola comparación.
Efectivamente ata agora veu cobrando as axudas familias con moi diferente poder económico e incluso familias as que polo que fora nin tiveron que comprar un so libro. Ben sexa porque lles foron emprestados por amigos ou familia ou polos bancos de libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.