Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de mayo de 2014

O B.N.G. DENUNCIA O PROCESO DE SELECCIÓN DE TRABALLADORES EN CAMBADOS


O B.N.G. presentou esta mañán un escrito sobre o proceso de selección que xa denunciou CORES DE CAMBADOS.

A pasada semana, no salón de plenos do concello de Cambados, tivo lugar unha das partes dun proceso de selección de persoal e ao remate do cal, ao dar a coñecer o listado dos traballadores seleccionados, creouse un conflito, ás portas do concello, entre algunhas das persoas presentadas por considerar que no proceso se beneficiou a certas  persoas sobre outras. Como queira que a situación laboral actual pasa por un momento tremendamente crítico, onde o paro non deixa de crecer e as persoas nesta situación teñen cada vez menos confianza en poder conseguir un posto de traballo e, como consecuencia, danse situacións persoais e familiares de desánimo e tensión que poden levar á situacións como a vivida no concello os pasados días, razón máis que suficiente para que calquera proceso de selección de persoal deba ser transparente e imparcial de xeito que quede perfectamente demostrado que o persoal traballador é seleccionado polas súas capacidades e formación e non polos seus contactos persoais, familiares ou políticos; así pois, en ningún caso debería ser unha entrevista persoal a proba  realmente definitoria na selección do persoal, e menos na Administración pública, que debe ser exemplo de transparencia e xustiza.


Polo tanto o B.N.G. solicita que o concello de Cambados facilite ao grupo municipal do BNG a seguinte documentación:
1.- Listado das persoas presentadas a este proceso selectivo. Acceso á documentación presentada polos aspirantes.
2.- Listado das persoas finalmente seleccionadas para desenvolver o traballo ofertado neste proceso.
3.- Integrantes da comisión de selección de persoal deste proceso.
4.- Bases do proceso selectivo.
           


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.