Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de mayo de 2014

A PERIODISTA BÈATRICE D`ERCEVILLE VISITA GALICIA







A xornalista francesa Béatrice D`Erceville, do semanario Tour Hebdo, un dos medios de comunicación especializados en turismo máis influintes de Francia, visita esta semana a Comunidade galega, nunha viaxe organizada por Turismo de Galicia e a Oficina de Turismo de España en París, co obxecto de recadar información sobre o máis salientable da oferta turística galega e realizar un traballo xornalístico sobre o destino Galicia.
D`Erceville chegou onte a Vigo procedente de París e, logo de realizar un tour turístico pola cidade olívica, realizará unha visita ás Rías Baixas que a levará a coñecer o castelo de Soutomaior, incluído na Ruta da Camelia, a cidade de Pontevedra e a súa ría, A Lanzada e o Pazo da Saleta.
Para mañá xoves está previsto que a xornalista visite A Toxa, Cambados, unha adega da Denominación de Orixe Protexida Rías Baixas, así como a cidade de Santiago de Compostela.
Pazos da camelia
O día 30 de maio, Béatrice D`Erceville visitará o Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, e logo desprazarase ata A Estrada para coñecer o Pazo de Oca, ambos os dous incluídos na Ruta da Camelia.
O sábado, 31 de maio a xornalista do semanario Tour Hebdo estará na Coruña para coñecer os principais recursos da cidade herculina.
Logo, trasladarase a Lugo onde visitará a Muralla e o Museo provincial, así como a catedral e as rúas do centro da cidade.
Na súa viaxe a Galicia, D`Erceville achegarase tamén á cidade de Ourense, para coñecer o seu casco histórico e a oferta termal da cidade, así como a vila de Allariz, na que ao longo destes días se celebra o Festival Internacional de Xardíns.
O día 2 de xuño, a xornalista francesa visitará as comarcas do Carballiño e O Ribeiro: o Mosteiro de San Clodio, o Castro de San Cibrán de Las e unha adega da Denominación de Orixe Protexida Ribeiro.
Por último, xa o día 3 de xuño, Béatrice D`Erceville achegarase a Tui, A Guarda e Baiona, con visitas ao Monte de Santa Tegra e ao recinto fortificado de Monterreal e o centro histórico de Baiona.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.