Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de abril de 2014

PONTEVEDRA ACOLLERÁ NO 2015 O CONCURSO DE VIÑOS ATLÁNTICOS




Pontevedra acollerá o que se pode definir coma un ensaio cara a consecución do Concurso Internacional de Buxelas ou coma a desculpa para non facelo aquí e deixanlle unhas migallas.



Pontevedra acollerá o vindeiro ano o pioneiro Concurso de Viños Atlánticos organizado pola Deputación de Pontevedra e o comité do Concurso Mundial de Bruxelas, segundo anunciaron en rolda de prensa o presidente da institución provincial, Rafael Louzán, e representantes do certame vinícola de Bruxelas Baudouin Havaux e José Manuel Revuelta.

Esta será a primeira edición do Concurso de Viños Atlánticos e nela participarán viños franceses (da zona de Burdeos), vascos (chacolí), galegos, portugueses, andaluces (Jerez) e canarios.

Baudouin Havaux, presidente do Concurso de Bruxelas, experto da FAO e director xeral de Vinopress, explicou que a acollida en Pontevedra no 2015 do I Concurso de Viños Atlánticos responde ás características propias que todos eles presentan. Destacou que se trata de liderar desde Pontevedra, baixo a bandeira do viño Albariño, un plan de captación de fondos europeos no que se involucrará a outras comunidades autónomas para levar a cabo un proxecto de turismo enolóxico, sostible e gastronómico que consolide a Dieta Atlántica e os Viños do Atlántico.



Na súa comparecencia, Havaux calificou a estes viños de "emblemáticos", pero cunha gran necesidade de potenciación e proxección pois "existe a falsa idea de que os viños españois só están representados polos procedentes de La Rioja, Ribera de Duero ou La Mancha".

Destacou, finalmente, que este I Concurso de Viños Atlánticos será unha primeira fase para que Pontevedra opte a ser a anfitrioa do Concurso Mundial de Bruxelas, considerado como o máis recoñecido e prestixioso concurso mundial do sector do viño, no ano 2017 pois as sedes decídense con dous anos de anticipación. A presente edición terá lugar en Bruxelas a principios do mes de maio, ainda que noutras ocasións celebrouse en Lisboa, Bratislava, Maastricht, Palermo ou Luxemburgo, entre outras cidades.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.