Galicia foi a segunda comunidade autónoma onde máis subiu o paro neste primeiro trimestre do ano en relación ó mesmo período de 2013, segundo a Enquisa de Poboación Activa.
Por riba de Galicia está Baleares, onde o número de parados se incrementou en 18.800 persoas.
Na nosa comunidade o paro subiu en 16.100 persoas.
As maiores baixadas do paro, segundo a EPA, producíronse en Andalucía, Canarias e na Comunidade de Madrid. En Andalucía a redución foi de 59.200 persoas.
En contraposición o paro baixou en 2.300 persoas no primeiro trimestre deste ano respecto ó mesmo período do ano anterior, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa.
É o primeiro descenso nun primeiro trimestre de ano dende 2005, segundo a EPA, que incorpora xa a nova base de poboación.
Tras este recorte do desemprego, o número total de parados acadou a cifra de 5.933.300 persoas.
Dentro do período de crise, en tódolos primeiros trimestes de ano dende 2008 o paro rexistrou subas, sendo a máis pronunciada a do primeiro trimeste de 2009.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.