Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de abril de 2014

A DEPUTACIÓN FAILLE O TRABALLO A ROSA QUINTANA



Rafael Louzán faille o traballo a conselleira do Mar, Rosa Quintana.

Os 21 pósitos da provincia integrados na Federación Provincial de Confrarías destinarán os 484.000 euros concedidos pola Deputación de Pontevedra á adquisición de semente de bivalvos para a rexeneración dos bancos marisqueiros e á mellora do equipamento das lonxas, segundo se desprende da distribución das achegas publicadas onte no Boletín Oficial da Provincia.


193.000 euros para as 8 confrarías de Arousa

A comarca de Arousa, co maior número de confrarías da provincia, percibirá un total de 192.970,31 euros, que se distribuirán entre os 8 pósitos da comarca.
Así, as confrarías de pescadores San Antonio de Cambados, Santiago Apóstolo de Carril, San Xulián de A Illa de Arousa e San Martiño de O Grove recibirán cada unha delas un total de 28.470,87 euros que destinarán tanto á adquisición de semente de bivalvos (todas menos a de Carril) como de diferente material e equipamento para as lonxas, como poden ser máquinas de frío, caixas, básculas ou máquinas de etiquetaxe, entre outras.

Pola súa banda, as dúas confrarías de Sanxenxo, San Roque de Portonovo e Santa Rosalía de Sanxenxo, investirá 25.307,97 euros e 6.325,82 euros respectivamente en accións encamiñadas á mellora da comercialización por medio da adquisición de equipamento para a lonxa.
Á mesma finalidade destinarase parte dos 22.145,07 euros que recibirá Virxe do Rosario, de Vilaxoán, que tamén investirá parte da achega na rexeneración dos seus bancos marisqueiros. Finalmente, a confraría La Pastoriza de Vilanova de Arousa destinará os 25.307,97 euros concedidos á adquisición de semente.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.