Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de marzo de 2014

VERMUT GALEGO CON BASE DE ALBARIÑO





Vermutería de Galicia presentou esta fin de semana un novo produto, trala exitosa comercialización da xenebra Platú. Trátase do vermut St. Petroni. Unha meticulosa selección das mellores colleitas de albariño sobre leas procedentes dunha terra mimada polo microclima; frores, herbas e botánicos como as follas de laurel, herba luísa, menta, hibisco, manzanilla, salvia, peles de laranxa doce e amarga, melisa ou limón; son os principais ingredientes que Vermutería de Galicia empregou para esta composición tan especial. Un vermut que, ademais, porta no seu ADN a historia da súa terra, das súas xentes, da súa cultura.

Segundo os seus creadores, "este produto representa tamén a oportunidade de contribuír ao desenvolvemento da terra que amamos e, en armonía con ela, de xerar riqueza para o seu conxunto".



Ao acto non faltou a conselleira Rosa Quintana especialista en acudir a todo tipo de eventos, onde a comida e a bebida están moi presentes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.