Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de marzo de 2014

QUE FOI PRIMEIRO O OVO OU A GALIÑA?






O desfile de carrozas e comparsas, que se ía celebrar o pasado martes de antroido, quedou aprazado para este domingo 9, debido as previsións climáticas que anunciaban mal tempo para a xornada grande do Entroido, e que se cumpriron.


O gran desfile
Para optar ós premios, do domingo, as carrozas deberán desfilar na orde establecida de antemán, polo percorrido que parte da escalinata de San Tomé e que segue por avenida de Galicia, praza do Concello, avenida de Vilariño, avenida de Madrid, praza de Fefiñáns, avenida da Coruña, Ribeira de Fefiñáns, paseo da Calzada e remata de volta na praza do Concello. Irá acompañado pola música da

charanga Os Jaláticos e polo grupo de batucada Omar Percussion. O xurado deberá ter en conta a orixinalidade do deseño, laboriosidade e creatividade. O xurado outorgará premios de 500 euros á mellor carroza, 400€ á segunda e 300€ á terceira (Haberá gratificacións para as carrozas, comparsas e maquetas pola súa participación).

Paradóxicamente o gran desfile das carrozas e posterior ao enterro da sardiña polas cincunstancias climatolóxicas adversas e pola inoperancia do concelleiro de cultura. Dado que se preveé botempo para a fin de semana poderíase facer o desfile o sábado e o enterro o domingo.

Consulta as bases aquí



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.