NADA QUE VER CO QUE PIDE A FROTA GALEGA
O Boletín Oficial do Estado acaba de publicar a repartición da cota de xarda e de xurelo por segmentos de frota e comunidades autónomas.
A distribución confirma as porcentaxes malia as protestas do cerco galego e de Asturias.
Con base aos criterios pactados en decembro, o cerco de Galicia con 153 buques ten un 24,86 por cento das posibilidades de pesca de xarda. Por provincias Agricultura asigna un 15,11 por cento da cota á Coruña, un 2,19 por cento a Lugo e un 7,57 a Pontevedra. As porcentaxes supoñen 3.406 toneladas de xarda para este exercicio de 2014. Para o resto das comunidades: Asturias, 11 barcos e un 3 por cento de cota, Cantabria, un 24 por cento e 44 barcos, e Euscadi, 69 buques o 48,11 por cento.
| Imaxe T.V.G. |
Pero no caso do cerco, sector no que se focalizou o conflito, para o xurelo e, en base a criterios de reparto da Lei 3/2001, de 26 de marzo, as porcentaxes para os buques de cada provincia divídense por zonas.
Na zona VIII C, a Galicia tócalle case un 38% (25,82% A Coruña, 7,16% Lugo e 4,96% Pontevedra). Mentres, Cantabria quédase cun 36,62%, País Vasco con máis dun 21% (Guipúzcoa 15,05% e Vizcaya 5,98%) e Asturias, cun 4,04%.
A zona IX A é prácticamente na súa totalidade para a flota galega: A Coruña, 50,77%; Pontevedra, 46,56% e Lugo 0,31%. Resérvase un 0,85% para Cantabria e un 1,51% para Guipúzcoa.
Para rematar, na zona VIII B, a Cantabria adxudícaselle un 31,28% da cota de jurel, a Galicia case un 12,5% (A Coruña 9,20%, Lugo 0,38% e Pontevedra 2,90%), a País Vasco máis dun 52,5% (Guipúzcoa 48,47%, Vizcaya 4,06%) e a Asturias, un 3,71%.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.