Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de marzo de 2014

ACTIVIDADES NAS BIBLIOTECAS CAMBADESAS




O Concello de Cambados porá en marcha o programa 'Ler Conta Moito' para fomentar actividades de animación á lectura e dinamización  da biblioteca municipal Casa dos Fraga, así como das Axencias de Lectura nas parroquias de Castrelo, Oubiña, Corvillón e Vilariño.

O Concello presentou un proxecto que permite poñer en marcha un total de 17 actuacións para nenos, xóvenes e público familiar que se irán desenvolvendo entre abril e outubro, coincidindo con datas sinaladas para as bibliotecas, nas actividades extraescolares e de conciliación que realizan. Recibirá unha axuda da Consellería de Cultura por valor de 4.250 euros.

As primeiras accións terán lugar os vindeiros meses de abril e maio
, dentro das programacións 'Abril...libros mil!' e 'Maio, mes das nosas letras!', que se explicarán polo miúdo nos vindeiros meses. Este conxunto de actividades dentro do programa 'Ler Conta Moito' comezará cos Obraroiros 'Oink: Banda Deseñada Oink' (creadores da revista do Xabarín Club).
Ampliando a celebración do Día do Libro Infantil e do Día do Libro, proxectaranse tres sesións dunha hora cada unha para un máximo de 15 rapaces, a partir de 10 anos de idade. Efectuaranse na Biblioteca Casa dos Fraga os venres 4, 11 e 25 de abril, de 18.00 a 19.00 horas. A actividade é gratuíta, pero é necesaria a inscrición previa, dado o tope de prazas permitido.
 

Seguindo co mes de abril, a compañía de Títeres Cachirulo escenificarán o seu espectáculo O libro da selva, que ofrecerán cinco sesións de títeres dentro da celebración do día do libro tanto na Biblioteca Casa dos Fraga, como nas Axencias de Lectura das parroquias. Estas sesións serán sempre ás 18.00 horas, e gratuítas ata completar o aforo. Comezarán o día 21 de abril na Casa de Cultura de Castrelo; o 22 visitarán a Casa de Cultura de Corvillón; o 23 realizarase na Casa dos Fraga; o 24 no centro cultural Gumersindo Márquez de Oubiña e rematarán coa sesión do día 25 en Vilariño.
Cachirulo teatro

No mes de maio, da man da contadora Charo Pita e o seu Triquitraque Traquetriqui. Organizarase a través deste programa unha sesión de Bebeteca sensorial para bebés de 0 a 3 anos, o sábado 3 de maio ás 12.00 horas, na Casa dos Fraga. Será necesaria a inscrición previa para o bo desenvolvemento da actividade, dado que se recomenda non superar un máximo de 25 bebés acompañados dun adulto.


Fonte: Pontevedra Viva

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.