Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de marzo de 2014

DOUS ANOS DE CÁRCERE POR UNHA BROMA QUE ACABOU MAL






Tito S.A. gastou unha broma nun bar  de Cambados o 7 de agosto do ano 2012 que se lle foi das mans e rematou cun coñecido seu no hospital cunha perna queimada e con el sentado no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Finalmente e tralo xuicio que tivo lugar en xaneiro, a Audiencia de Pontevedra condenou ao veciño de Cambados T.S.A. a dous anos de prisión e a pagar unha indemnización de 1.925 euros, como autor dun delito de lesións por provocarlle queimaduras a un coñecido nunha perna e unha man. O acusado sempre defendeu que a súa intención só era gastarlle unha broma, "queimándolle os pelitos", pero fóiselle das mans.

A condena a T.S.A. como autor dun delito de lesións a dous anos de cárcere e a pagar a indemnización de 1.925 euros pedida polo fiscal, polo tempo de curación das feridas, e rexeita o resarcimiento polo tratamento de cirugía, porque nin se lle preguntou á vítima si tiña intención de facelo, nin se indicou si era convinte que o fixese.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.