Máis de 7.500 estudantes participaron das mobilizacións que se produciron nas sete cidades galegas e en máis de vinte cabeceiras de comarca. Esta masiva mobilización, xunto ao seguemento da folga nun 75%, amosan o amplo rexeitamento da mocidade galega á retrógrada reforma educativa do Partido Popular e á súa política de recortes.
Polo tanto, desde Galiza Nova esixen unha vez máis ao PP que retire a LOMCE e ao Ministro de educación, Jose Ignacio Wert, que presente xa a súa dimisión.
Galiza Nova quere expresar o seu rexeitamento ás accións violentas dunha minoría nas mobilizacións de Vigo e Santiago que coa súa actitude empañan o éxito da folga e a loita pacífica de todo o estudantado galego contra a LOMCE.
Denuncian así mesmo a actuación policial en Pontevedra e Ourense. Na primeira, ao remate da manifestación a policía retivo e introduciu en furgóns a menores de idade baixo o pretexto de non levaren consigo o DNI. Denuncian que en Ourense a policía ordenou e reitirou a todos os manifestantes as bandeiras que portaban nunha clara acción represiva e de abuso de poder.
A loita continúa! Non á LOMCE!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.