A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa nos actos de conmemoración do centenario da obra “Platero y yo”, de Juan Ramón Jiménez, a través dunha mostra dedicada a esta clásico da literatura española e que se poderá visitar na sede da Fundación Pública Galega Camilo José Cela en Padrón.
Desde este blog preguntámonos si é realmente necesaria a participación da Xunta, deixando de lado a promoción de autores novos en galego. Aínda que todo o que sexa cultura é enriquecedor non podemos esquecer o sistemático abandono que desde a Xunta se fai da nosa lingua potenciando o castelán por riba do galego.
Así a Xunta acolle unha mostra temporal composta por 45 ilustracións asinadas por Idígoras e Patxi. Ademais con esta acción a Consellería de Cultura e Educación achega ao público máis dunha vintena de obras, documentos e manuscritos relacionados coa figura de Juan Ramón Jimenez e coa obra poética do premio Nobel padronés.
De todos xeitos damos conta desta actividade cultural xa que en contra do criterio da Xunta, CORES DE CAMBADOS non exclúe a cultura por razóns idiomáticas.
“Platero y yo”
A mostra, que estará aberta ao público ata o vindeiro 20 de abril, compleméntase cunha programación específica gratuíta para a comunidade educativa – dende infantil ata Bacharelato – que ten como obxectivo achegar aos escolares á poesía como xénero literario. Así, ademais da visita guiada gratuíta á mostra de Iria Flavia os centros escolares poderán participar nos talleres didácticos “A mi burro” -destinado a Infantil e 1º ciclo de Primaria- no que os rapaces xogarán coas mascotas dalgúns escritores e crearán as súas propias e “Veo poesía” – destinado a Primaria, Secundaria e Bacharelato- e no que se propón aos escolares a creación dunha poesía visual na que convivan as palabras e as imaxes.

Para más información sobre esta e outras actividades gratuítas da Fundación pode consultarse o blog educativo http://camilinojosesino.blogspot.com.es ou contactar co Gabinete Didáctico da Fundación no teléfono 981 81 24 25 ou no mail visitas@fundacioncela.com.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.