Dous varóns de 51 e 33 anos, veciños do Grove (Pontevedra), perderon a vida esta noite como consecuencia dun accidente de circulación rexistrado no termo zamorano de Fuentes de Ropel, segundo os datos achegados polo servizo de emerxencias de Castilla e León 112.
Os feitos aconteceron ás 3,10 horas deste venres, momento no que unha chamada atendida no servizo de emerxencias Castilla e León 112 avisou do xiro dun camión que transportaba froita no quilómetro 95 da estrada N-610, á altura de Fontes de Ropel, a consecuencia do cal resultaran feridas as dúas persoas que viaxaban no vehículo, que ademais permanecían atrapadas no seu interior.
A sala de operacións do 112 deu aviso do incidente á Garda Civil (Tráfico) de Zamora, aos Bombeiros de Benavente e a Emerxencias Sanitarias – Sacyl, que enviou unha UVI móbil e unha ambulancia de soporte vital básico.
Xa no lugar dos feitos os facultativos de Sacyl confirmaron o falecemento de ambas as dúas persoas feridas, dous varóns do Grove de 51 (J.M.A.R.) e 33 anos (F.I.R.).
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.