Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de febrero de 2014

O PSOE DENUNCIA O ABANDONO DA RÚA SEVILLA





Os socialistas de Cambados denuncian o penoso estado no que se encontra o asfalto da Rúa Sevilla.
 
 Nunha nota informan do penoso estado desta rúa na que casualmente vive un blogger i exconcelleiro moi crítico co governo local e a líder do grupo socialista.

   O estado do asfalto da  rúa Sevilla atópase nun estado lamentable desde hai moito tempo. A pesares de ser unha rúa moi transitada tanto no verán como no inverno, nunca desde o Concello se tivo consideración desta rúa para nada: é unha rúa de dirección única sen aceras,con aparcamentos ós dous lados e con varios negocios. Por determinados tramos desta rúa é imposible pasar se veñen coches e hai algúns aparcados, polo que os veciños estamos acostumados a meternos en recunchos cando levamos carriños de bebé ou da compra e ven algún coche circulando.
   Por se eso non fose bastante, o asfalto está cheo de socavóns. Agora hai unha prancha metálica no medio da estrada para tapar un deles e para que non ocasione ruido ten un pedazo de moqueta debaixo.
   Somos uns privilexiados porque podemos dicir que a nosa rúa está enmoquetada…
   Precisamente ésta é unha das rúas que só se parcha provisionalmente cando hai eleccións á vista, non sabemos se é porque viven nela unha concelleira e un exconcelleiro da oposición, e por iso se castiga a tódolos veciños desta rúa, ou porque aínda falta un ano para as municipais… 
 Gustaríalle recordarlle ó governo deste Concello, que todos os veciños, incluso os concelleiros e exconcelleiros da oposición pagamos os nosos impostos tódolos meses e o resto dos veciños non teñen que sufrir represalias por compartir a rúa con ninguén.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.