Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de febrero de 2014

"O MURO DE WERTlin" AS BECAS ERASMUS DE MAL EN PEOR





As Xuventudes Socialistas de Cambados acusan a Rajoy de elevar o Muro de Wertlin negándolles aos estudantes a posibilidade de marchar de Erasmus.

A Organización xuvenil asegura que o Executivo do PP minte ao dicir que sube o orzamento ás bolsas Erasmus cando o que fixo foi retallar esta partida en máis dun 70% dende a súa chegada ao Goberno
O secretario xeral acusou ao Sr. Feijoo de “ser cómplice deste atropelo de dereitos para o estudantado, apoiando coma sempre esta reforma do seu colega e amigo de andanzas Mariano Rajoy”
As Xuventudes Socialistas de Cambados sumáronse hoxe á campaña “El Muro de Wertlin” para denunciar así os graves retallos que o Goberno de Rajoy está realizando ano tras ano á partida destinada a estas bolsas. Dende a súa chegada ao Goberno, o Executivo do PP retallou as bolsas Erasmus en máis dun 70%, deixando para o vindeiro curso a ínfima cantidade de 18 millóns de
euros.
A Organización considera que o novo reparto das bolsas Erasmus anunciado polo Ministerio de Educación é enrevesado e restrinxirá o acceso a estas para os e as estudantes con menos recursos, rompendo así a igualdade de acceso das e dos universitarios que até agora primaba no
reparto destas bolsas. Ademais, os mozos e mozas socialistas cren que este novo reparto é unha mera cortina de fume para tapar o retallo do orzamento de case o 50% que o Goberno do PP anunciou para as bolsas Erasmus do vindeiro curso.


Para Ismael Agra Soto, secretario xeral das XSG Cambados, “é inaceptable que o vindeiro curso os e as estudantes con bolsa Erasmus só vaian a cobrar un máximo de 6 meses con independencia de que o vindeiro curso académico completo dure 9 meses.” “Ademais, mentir abertamente dicindo que o orzamento para as bolsas Erasmus sube, cando en realidade o que
ocorre é que se retalla á metade, demostra a importancia que Rajoy lle dá a que os seus mozos/as se formen no estranxeiro e se enriquezan con outras culturas.”

Segundo Ismael, “é vergoñento que o Ministerio de Educación esixa aos e ás estudantes un nivel de idiomas B2 ao mesmo tempo que está a multiplicar os prezos e taxas das escolas de idiomas
públicas. Unha vez máis quen, a base de recursos económicos, poida permitirse unha formación máis avanzada, estará por riba dos que confían no ensino público para a súa formación.” E
engade, “non se poden aumentar os requisitos se á vez diminúes a aposta polas Escolas Oficiais de Idiomas.”

O Secretario Xeral sentenciou “semella non importarlle nada ao Goberno de Rajoy que España viuse tremendamente beneficiada deste programa, ao ter sido até o de agora o país que máis estudantes estranxeiros recibía e ás súa vez, o que máis enviaba a outros países.” “Os e as mozos socialistas non nos imos a quedar de brazos cruzados vendo como este Goberno trata de acabar cun programa que foi esencial para a formación de milleiros de estudantes” –asegura.
O dirixente socialista acusou ao Sr. Feijoo de “ser cómplice deste atropelo de dereitos para o estudantado que coma sempre apoiou esta reforma do seu colega e amigo Mariano Rajoy votando en contra da PNL presentada polos socialistas no Parlamento na que se instaba ao Goberno do Estado a recuperar o sistema anterior de bolsas”

O secretario xeral das XSG Cambados concluiu “unha vez máis, os/as que menos teñen vense discriminados por políticas que non poñen en valor a formación e o futuro dos nosos e as nosas
mozas. Esiximos ao Goberno do PP que pare este ataque ás bolsas Erasmus e que permita que calquera estudante, independentemente dos seus recursos económicos, poida cursar estudos fóra do territorio español.”

Por outra parte anunciou a difusión desta campaña polas redes sociais (#elMUROdeWERTlin) así como o reparto de información á mocidade nos vindeiros días pola vila cambadesa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.