Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de febrero de 2014

PANOS BRANCOS CONTRA A DROGA EN CAMBADOS





O alcalde de Cambados, Luis Aragunde, acompañou ó vicepresidente da Fundación Galega contra o Narcotráfico, Lorenzo Santos, ó xerente da mesma, Fernando Alonso, e mais á profesora de Educación Física do Institutro Castro Alobre de Vilagarcía, Margarita Bandera, na presentación da campaña “Panos Brancos contra a Droga” que este ano, por vez primeira, vaise celebrar en Cambados por mor do carácter itinerante que se lle vén dando a esta actividade deportiva e preventiva. 
Dez institutos  de ensino medio da comarca, petencentes ós municipios de Cambados, O Grove, Vilanova, Vilagarcía e Ribeira, van competir nas modalidades de fútbol 7 e baloncesto co obxectivo de que os estudiantes se enganchen ó deporte e rexeiten sustancias adictivas.

O torneo deportivo forma parte da campaña de sensibilización social Panos Brancos contra a Droga, que a Fundación promove e organiza dende fai oito anos dándolle un carácter itinerante para que se vaian agregando distintos concellos.

Ademais de fomentar a práctica deportiva como arma para combatir o consumo de estupefacientes, o torneo Panos Brancos pretende promover entre a mocidade comportamentos e hábitos saudables; difundir os valores asociados á práctica deportiva; incrementar o rexeitamento ó narcotráfico; e aumentar o grao de concienciación e sensibilización social para implicar a toda a socieade na tarefa de diminuir o consumo de drogas e o narcotráfico en Galicia.
A competición deportiva vaise disputar o vindeiro venres, de 10 a 13,15 horas, no pavillón e campor de herba artificial do Pombal. Cada vila participante presenta un equipo de fútbol 7 e outro de baloncesto integrados por estudiantes de ESO. A organización estará coordinada polos responsables de Educación Física dos centros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.