Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de febrero de 2014

LADY GAGA LUCIRÁ MODELOS DA CAMBADESA EVA SOTO




Conta Eva Soto Conde a deseñadora cambadesa na sua conta de facebook que no próximo vídeo da exitosa Lady Gaga esta lucirá vestidos deseñados por ela.
Con esta nova vense a confirmar o éxito da deseñadora a nivel mundial. Si lle facía falta un pulo a Eva Soto este pode ser o definitivo. O estilo de Lady Gaga casa moi ben cos deseños de Eva

Eva Soto Conde nace en Cambados en 1984.
Licénzase en Belas Artes e en Estudos Superiores de Deseño e Moda de Galicia (ESDEMGA). En 2009 realiza prácticas no equipo de deseño da empresa "JESUS PEIRO", Barcelona. Presenta o seu proxecto fin de carreira na pasarela "DEBUT 09".

A continuación amplía os seus estudos cursando un máster de profesorado na Facultade de Belas Artes (Pontevedra).

Imparte un taller "ORIGAMI APLICADO Á MODA" no programa Debut 2011 (ESDEMGA). En 2010 presenta a súa colección no desfile #Almacén de Ideas# en Pasarela Aberta. 


Gaña o 1º premio ao mellor complemento e ao mellor traxe de baño na Mostra Nacional de Xóvenes Deseñadores de Cantabria. No mesmo ano tamén obtén o 1º premio de deseño de xoias no programa "Xuventude Crea". 
En 2011 gana o 1º premio no concurso Internacional de vestidos de papel. Tamén gaña o 1º premio no Concurso de Mozos diseñadores de Noiva organizado por FIMO e o 1º premio no Concurso Nacional de vestidos de papel de Mollerusa.


En 2012 e 2013 presenta a colección Primavera/Verán na pasarela Mercés Benz Fashion Week Madrid




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.