Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de febrero de 2014

O B.N.G. RESPOSTA AS MENTIRAS DE LUÍS ARAGUNDE







O BNG sinte e comprende que a Luís Aragunde non lle guste quedar en evidencia cada vez que  informamos sobre un novo  vertido ou un vertedoiro incontrolado, pero é que tristemente e, desde hai moito tempo, ámbolos asuntos convertéronse nun sinal da identidade da súa xestión no concello de Cambados.
Loxicamente o concello está obrigado a eliminalos e a loitar contra este tipo de prácticas que, ademais, no caso dos vertedoiros teñen doada solución. Pero o problema é que o  concello só se adica a eliminar vertedoiros, esquecéndose de utilizar outros importantes mecanismos cos que conta  para eliminar estas malas prácticas.  O concello esquécese de realizar calquera campaña informativa ou de educación cidadá neste tema. O concello esquécese de chegar ao cidadán.


O alcalde debe ser capaz de chegar ao cidadán e non facer coma sempre; agardar  a que o cidadán se achegue a el. E isto puidemos comprobalo na problemática da Avenida da Pastora, no anegamento da rúa do Campo da Modia ou na apertura da pista das Quintáns. Sempre é o cidadán o que ten que ir a chamar á porta do despacho do señor alcalde e cun pouco de sorte e tempo será recibido aínda que,
posiblemente, non atendido e solucionado o seu problema.
Pois vai sendo hora de que o alcalde “vaia a xunto o cidadán”. Vai sendo hora de que se promocione o punto limpo; de que a parte da cadea que pecha a súa entrada, exista un cartel con día e horario de apertura, vai sendo hora de que a páxina web municipal sirva para algo máis que para difusión de mera propaganda, vai sendo hora de que se fagan campañas nos colexios para educar aos futuros cidadáns, vai sendo hora de que nos locais parroquias haxa este tipo de información e se fagan campañas educativo-informativas…; en fin, que se o concello representa a Administración máis próxima ao cidadán, isto debe ser máis ca unha frase da campaña electoral. O alcalde ten que levantarse do “sillón”.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.