219 galerías de 23 países, catro delas galegas, danse cita desde hoxe en ARCO, a Feira Internacional de Arte Contemporáneo de Madrid. Son máis ca hai un ano, pero con menos artistas, co obxectivo de que o visitante afonde máis nas pezas que se presentan. Iso é o que explica a organización desta Feira que cumpre 33 edicións e que pode visitarse nos pavillóns 7 e 9 de Ifema ata este domingo: hoxe abre as portas para os coleccionistas.
Os profesionais que participan na cita fano con optimismo e
Son catro galerías: tres que repiten e unha que se estrea. A que pisa por primeira vez a feira é PM8, de Vigo. Tamén da cidade olívica son Bacelos e Adhoc, que xa saben o que é estar na cita por excelencia da Arte Contemporánea en España. Algo que tamén sabe Trinta, de Santiago de Compostela. As catro levan obras de artistas galegos como Berta Cáccamo, Suso Fandiño, Loreto Martínez Troncoso ou Jorge Barbi.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.