O sábado 22 de febreiro, ás 19:oohrs no auditorio da Xuventude de Cambados, presentarase o documental <Entre Paradas>, dirixido por Toño Chouza, producida por Jorge Coira e Maximino Cid Ferro (xefe da Policía Local de Cambados en excedencia) e interpretado, entre outros, pola cambadesa Olga G. Vilas. A cinta reflicte diversas escenas sobre a integración de discapacitados.
SINOPSE
Cóntanos a historia de 16 persoas anónimas que atesouran experiencias vitais únicas. O largometraje fixa a súa mirada en José, con parálisis cerebral e Felisa, inmigrante invidente, que comparten unha experiencia que marcará as súas vidas con outras persoas de diferentes colectivos (asociación contra o cancro, centro psiquiátrico, unidade de violencia de xénero, vítimas de accidentes de tráfico, aula municipal do maior, discapacitados AIXIÑA, menores con medidas xudiciais e outras persoas voluntarias).
Unha idea: un grupo de teatro "invisible" que actúa por sorpresa nos autobuses urbanos. Un soño: aplausos, emocións, tolerancia, convivencia, cultura e unha forte mensaxe social chega a moitos viaxeiros entre parada e parada das mans deste grupo de artistas.
Ao día seguinte, domingo 23 de febreiro, será a Orquestra de Saxos de Redondela a que actúe en directo, patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra.
Cóntanos a historia de 16 persoas anónimas que atesouran experiencias vitais únicas. O largometraje fixa a súa mirada en José, con parálisis cerebral e Felisa, inmigrante invidente, que comparten unha experiencia que marcará as súas vidas con outras persoas de diferentes colectivos (asociación contra o cancro, centro psiquiátrico, unidade de violencia de xénero, vítimas de accidentes de tráfico, aula municipal do maior, discapacitados AIXIÑA, menores con medidas xudiciais e outras persoas voluntarias).
Unha idea: un grupo de teatro "invisible" que actúa por sorpresa nos autobuses urbanos. Un soño: aplausos, emocións, tolerancia, convivencia, cultura e unha forte mensaxe social chega a moitos viaxeiros entre parada e parada das mans deste grupo de artistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.