Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de febrero de 2014

A ALTERNATIVA A AVDA DA PASTORA NON AVANZA ADECUADAMENTE


 Así está a alternativa dada aos veciños da avda da Pastora para a circulación dos tractores. Sabemos que o tempo non acompaña pero, si as cousas se fixeran coa cabeza e non cos pés todo sería bastante diferente e millor.  Esta mañán empezaron a traballar para facer deste camiño un paso para vehículos danando o muro dun veciño.

Non se poden pechar rúas sen dar alternativas. O que debería facer Luís Aragunde sería volver a avenida da Pastora a o seu estado anterior e facela dun sentido cando a alternativa estivera preparada. 
Todos sabemos que non se poden pedir "peras ao olmo". E este caso é un de tantos nos que as cousas fanse sin pes nin cabeza.

Polo de pronto non sabemos debido a qué, recuou na peonalización da rúa Isabel II, algún dia debería explicar como dous operarios pasaron toda unha mañán para poñer dous sinais que logo non serviron para nada.

Pero no caso da avenida da Pastora nin recua nin ofrece a solución, polo contrario crea problemas innecesarios. Despois de tantos anos como tivo para arranxar os problemas de tráfico nesta avenida tan concurrida, o único que fixo foi crear malestar nos veciños e non solo os que viven nesa zona senón a todos os cambadeses que usan as ruas cercanas.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.