A nena e ou grilo nun
barquiño!. Ese é o título co que Cambados volve ao teatro.
É o terceiro capítulo dunha saga que percorreu multitude de
cidades e vilas galegas con tal éxito que agora prevé dar o salto aos
escenarios nacionais.
O alcalde, Luís Aragunde,
Luís Rei, e Magín Branco, como representante da compañía "A nena e ou
grilo", presentaron onte o programa de "Os domingos... Teatro ás 6!"
pois todas as funcións comezarán ás 18 horas e o custo das entradas será
de 3,5 euros, a normal, e 2 euros, a reducida.
A inauguración correrá a cargo da súa terceira entrega, "A nena e ou grilo nun barquiño!". Un espectáculo basicamente musical e visual, ao que dan vida Branco e outros músicos como Jorge Juncal, Jerry Noia e María Faltri; e os actores Pepablo Patinho e Montse Piñón, ademais dos técnicos, resultando nunha obra de "gran calidade".
Luís Rey deu detalles das obras do ciclo. Así, o día 26, será a quenda dos títeres coa obra "Osiño" da compañía Trompicallo que probablemente é dás que máis coida a estética nos seus espectáculos. A terceira cita será con "Expresións Producións" e a súa obra Chapuzas a domicilio de "humor clásico". A última función, o 2 de febreiro, chegará con Baobab Teatro que ofrecerá unha versión "moi acertada e próxima á orixinal" do conto clásico de Handersen, o Soldadiño de chumbo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.