Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de enero de 2014

A CONTAMINACIÓN E A BASURA INVADEN CAMBADOS






Os socialistas de Cambados veñen de denunciar mediante escrito presentado no Concello de Cambados, o lamentable estado  no que se atopan a día de hoxe os arredores do paseo marítimo do noso Concello, un enclave estratéxico tanto a nivel turístico como ecolóxico que volven a descoidar dando exemplo, unha vez máis, da súa falta de responsabilidade. En concreto as fotos son de preto da zona do Muiño da Seca, pero por desgraza non son exclusivas deste enclave.

 A portavoz do PSOE en Cambados asegura que “os arredores do paseo marítimo atópanse nun lamentable estado, xa que están cheos de lixo e de plásticos desde hai varias semanas”.
  As queixas dos veciños son, de novo, ignoradas polo consistorio que fai oídos sordos os contribuíntes que nos últimos anos viron subir o seu recibo de lixo sen que ese incremento no prezo corresponda a unha mellora na calidade do servizo.

  “Os numerosos veciños que saen a camiñar polo paseo ven día a día como este lixo vai incrementándose pouco a pouco sen que ningún operario do Concello vaia limpar esta zona”, argumenta Abal facendo fincapé en que no caso de que o goberno local non teña competencias na zona se esixa a quén corresponda unha limpeza inmediata.

  Desde o PSOE denuncian que Cambados só se limpa cando estamos a semanas das eleccións ou cando ven o turismo da tempada estival. Os exemplos desta desastrosa xestión dun servizo público fundamental  o podemos ver  fai apenas uns meses ca presenza de ratas no centro do pobo e agora se volven a repetir co lixo en pleno paseo marítimo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.