Canto tardará o Concello de Cambados en facer públicos os gastos da viaxe a Madrid en relación a asistencia a Fitur?.
Cantas persoas con gastos a cargo do Concello asistiron a dito evento?.
Virán desglosados eses gastos dos gastos surxidos pola reunión que o Alcalde mantivo ao dia seguinte coa titular do Ministerio de Fomento Ana Pastor?.
Porque a estas alturas e sabendo como malfunciona o Concello a oposición aínda non ten presentada unha pregunta a este asunto?.
O Alcalde debería tomar exemplo de outros e dar o custe como fan outros alcaldes da provincia coma por exemplo Fernández Lores de Pontevedra que antes de iniciarse a viaxe xa dera as cifras. Algo público e notorio pois a prensa fíxose eco da nova e incluso televisións tan neutrais como Telesalnés.
O Concello de Pontevedra gastou uns mil euros na súa participación en FITUR da semana pasada. Un orzamento ben escaso co que tentou lucir na Feira Internacional de Turismo de Madrid grazas ó seu embaixador, o loro Ravachol.
Carlota Román estivo en Madrid apoiando a proposta pontevedresa o venres; a pesares de crer que "FITUR xa non é o que era".
Fontes: "PONTEVEDRA VIVA" "TELESALNÉS"
Fontes: "PONTEVEDRA VIVA" "TELESALNÉS"
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.