Operarios
municipais de Cambados, coa supervisión do arqueólogo do Concello,
taparon os restos do muro medieval do illote da Torre de San Sadurniño
que quedaron ao descuberto hai dez dias como consecuencia do
temporal. A protección é unha tea vexetal e unha capa de area
que se utiliza para frear a erosión dos restos e evitar así o seu
deterioro.
Desde o concello explican,«unha vez protexido de xeito provisional este fragmento de
valado, vaise coordinar con Patrimonio outra intervención de protección
máis ampla que permita consolidar e dotar de maior seguridade ou
asentamento. Vaise redactar un proxecto para actuar conxuntamente na
procura de repoñer ou volume e protexer vos restos destapados».
Os restos que quedaron ao descuberto corresponden a un muro dun antigo asentamiento da Idade Media. Desde este BLOG sinalamos aposibilidade de que se tratase dun castro polas informacións recibidas cando nos deron aviso da aparición, da que demos conta en primicia e despois fois participada por outros medios tanto dixitais coma escritos.
Desde o Concello refírense tamén a que nestes restos de edificacións vivían familias, «rodeadas dunha fortificación pétrea
dá que é improbable que queden restos».
Esta afirmación parécenos cando menos un pouco banal tendo en conta que non se estudou nada máis que o que aparece a simple vista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.