Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de enero de 2014

IMOS NO BO CAMIÑO? ALGO ATRASADOS PERO CHEGOU O SENTIDO COMÚN




Ultimamente desde a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas apuran a construcción de E.D.A.R.. Pegaríalle un ataque de de cordura e sentido común?

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, adiantou que as obras da depuradora do Grove estarán rematadas este verán. Este anuncio foi avanzado tras a visita ás obras que realizou esta mañá, onde comprobou que a depuradora se atopa ao 70% da súa execución.
Hernández estivo acompañado polo alcalde da localidade, Miguel Ángel Pérez, polo delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e polo director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez.
Hernández destacou que “esta infraestrutura supón unha mostra e un paso máis do compromiso do actual Goberno co saneamento das rías”.
O conselleiro argumentou que esta aposta polo saneamento das rías queda reflectida en moitas actuacións, como a posta en marcha da Edar do Umia a finais de 2013, cun investimento de 7,7 millóns de euros.

Hernández lembrou o esforzo realizado na ría de Arousa, que supuxo mobilizar un investimento en obras que están rematadas ou en execución de 56 millóns de euros, dos que 36 millóns corresponden á Xunta; e que no conxunto das rías galegas ese investimento ascende a 457 millóns (un 60% aportado pola Xunta) só nos últimos cinco anos. Engadiu que este orzamento ten máis valor no momento económico actual, dado as dificultades, pero responde a unha necesidade e á política de priorización do gasto que ten a actual Xunta: as actuacións que permitan mellorar o estado das rías sempre serán prioritarias.
Na actualidade funcionan en Galicia 152 estacións depuradoras. Así mesmo, o litoral galego conta con 73 depuradoras das augas que afectan directa ou indirectamente ás rías, cunha capacidade total de tratamento de 2,2 millóns de habitantes. No ano 1989 non existía ningunha EDAR no litoral.
Tamén citou o Plan de Saneamento da Ría de Arousa, do que se está a ultimar a redacción do estudo da marxe esquerda (O Grove- Meaño, Vilanova– Cambados e Vilagarcía- Catoira) e do que xa se levou a cabo unha primeira análise e planificación para a marxe dereita.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.