Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de enero de 2014

ALFONSO RUEDA VISITA TORRADO PERO ESQUECE O MAGARIÑOS



Alfonso Rueda visitou esta mañán o Pazo de Torrado para comprobar o estado do edificio tralas obras feitas para arranxar as pingueiras. 
De paso pudo ir polo Colexio Magariños e comprobar que as pingueiras aquí seguen igual que antes de ser "arranxadas" non fai moito tempo. Si o Pazo de Torrado foi arranxado de igual maneira moito nos tememos que as pingueiras voltarán.
Eso sí a nota de prensa da Xunta, como non podía ser doutra maneira, sinala a perfección que impera en todo o que fan.

 O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá as obras da cuberta do Pazo de Torrado, en Cambados, que se realizaron o pasado ano con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental e co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética do inmoble. Na súa visita, Rueda estivo acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e do alcalde de Cambados, Luis Aragunde.
Concretamente, as obras consistiron na restauración e acondicionamento da cuberta, xuntando ao mesmo tempo a aposta pola eficiencia enerxética e o respecto ao carácter histórico que ten o edificio. Con ese obxectivo, a Vicepresidencia e o Concello realizaron as obras de mellora cun orzamento de preto de 40.000 euros.

Rueda destacou a colaboración entre o Goberno galego e os concellos para poder levar a cabo este tipo de actuacións, que aínda que en principio parecen menores, inciden directamente nas cidades e nos seus veciños, e indirectamente tamén axudan a sanear ás arcas municipais.
No caso de Cambados, a axuda da Xunta permitiu mellorar o estado do Pazo Torrado para uso de todos os cambadeses; proseguir na recuperación do Patrimonio Histórico galego -e cambadés-; lograr unha maior eficiencia enerxética; e acadar así un aforro que repercute directamente no beneficio de todos os veciños.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.