Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de enero de 2014

BENITO GONZALEZ, SO ANTE O PERIGO





O patrón maior da Confraría San Antonio de Cambados está a perder apoios.
 

Fontes moi cercanas ao PP de Cambados confirmaron esta información.
Neste caso trátase do apoio do PP local. Tralos acontecementos relacionados coas diferentes causas xudiciais nas que está envolto Benito González o Partido Popular vai impulsar a candidatura para os comicios da confraría dun xoven armador cambadés que xa foi nas listas populares hai uns anos. González conta co “apoio” do PP local ata que rematen as obras
do Saco de Fefiñáns e a partires de ahí estará so, previsiblemente. Mentres el esté na presidencia, aseguran as fontes as que tivo acceso CORES DE CAMBADOS non se convocarán reunións cos membros do pósito cambadés. Algo que o PP considera importante para que o seu proxecto das comportas non teña voces discrepantes a nivel oficial.

 
Benito González de todas as maneiras ten pensado, polo de agora, presentarse aos comicios, pois de non ser elixido os gastos da súa defensa tería que pagalos el, algo que considera que non debe facer pois as causas polas que está imputado son relacionadas coa sua función coma presidente da Confraría. 
 
Hai que recordar que a Xunta non convocou todavía as eleccións para elixir aos membros dos pósitos galegos e que nalgúns casos coma o de Cambados xa se tiñan que ter celebrado.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.