A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia informa de que durante todo o día de hoxe manterase activado o nivel de alerta laranxa por un temporal costeiro en todo o litoral galego. Haberá mar combinada de entre 5 e 6 metros e está previsto que a partir de mañá as ondas aumenten a 6-7 metros.
Dadas as condicións meteorolóxicas adversas que afectan ao litoral de toda a Comunidade galega, a Xunta fai un chamamento á poboación para que extremen as precaucións e eviten achegarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.