Si hai unhas semáns foi en Cambados agora o turno é para O Grove.
Durante a
visita, o responsable da Delegación Territorial aproveitou para anunciar
que a localidade meca recibirá algo máis de 184.000 euros para a
mellora da produtividade dos bancos marisqueiros e para a xestión e
vixiancia.
Deste xeito, segundo recordou o delegado territorial, a
Consellería do Medio Rural e do Mar destinará 545.000 euros na
provincia de Pontevedra á mellora da produtividade dos bancos
marisqueiros con perda de produción, “o que supón un 80% do total a
nivel autonómico”. Esta liña de axudas destínase a proxectos colectivos
de acondicionamento mariño e rexeneración, co fin de contribuír de forma
sustentable a mellorar a xestión e conservación dos recursos mariños
vivos.
Desta cantidade, 340.000 euros destinaranse a mellora da
produtividade dos bancos marisqueiros nas diferentes confrarías da
comarca de O Salnés. En O Grove, en concreto, a confraría levará a cabo,
grazas a estas axudas que roldarán os 57.500 euros, a rexeneración dos
bancos marisqueiros das zonas de Porca Morta, Banco Saíñas e Rons.
Neste senso,
Cores Tourís anunciou que as modificacións solicitadas pola
administración autonómica para a continuación destes traballos foron xa
presentadas polos técnicos municipais ante a Xunta e “agardamos que na
próxima Comisión de Patrimonio sexa aprobado o informe e poidan
retomarse os traballos”. De feito, esto suporía que o remate dos mesmos,
segundo apuntou pola súa banda Miguel Pérez, podería ser unha realidade
a finais da primavera ou comezos do verán.
O delegado territorial
recordou a importancia da reforma deste edificio, “que aínda que non
está catalogado como histórico si é emblemático para o municipio.
Ademais, unha confraría como a do Grove, das máis importantes de
Galicia, ten que ter unha sede digna e adecuada para o desenvolvemento
do seu traballo”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.