Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de diciembre de 2013

UN CHEQUE DE 350 EUROS PARA LOUZÁN



Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación de Pontevedra ten un problema. Así se desprende das declaracións feitas por el mesmo nas que nega ter cuberto ningún cupón para os premios de PontedeTapas. 
Ou alguén usurpou a sua identidade ou ten tanto pelota ao seu carón que cubreu o cupón como mostra de agradecemento.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, doará o premio do concurso PontedeTapas ó comedor de San Francisco, de se confirmar a súa autenticidade.

O titular da Administración recibiu a chamada dos organizadores do evento para lle comunicar que resultou agraciado cun dos premios do sorteo que se realizou entre as persoas que cubriron un cupón valorando as tapas consumidas e para convidalo a asistir onte ó acto de entrega dos galardóns. Finalmente non acudeu e o cheque seralle enviado. Enviaríanllo a outra persoa que non se chamase Rafael Louzán?
Rafael Louzán confirmoulles que asistiría ó acto, pero comunicou tamén que será preciso comprobar a autenticidade do boleto, dado que el non o cubriu persoalmente.
Neste sentido o titular da Deputación recoñeceu que si consome en locais de Pontevedra, como nos doutros puntos da provincia, e que é posible que algunha das persoas que o acompañou cubrise o cupón cos seus datos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.