Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
16 de diciembre de 2013
OS FURTIVOS QUE NON VAN AO MAR. RESTAURANTES, BARES...........
Paseando o venres por Cambados poiden apreciar algo que me chamou a atención, non por raro porque é algo que todo o mundo sabe, pero todo o mundo cala.
Pois resulta que nunha zona moi transitada de Cambados duas persoas falaban xunto ao maletero un coche co portón aberto. Nun momento o dono do coche meteu a man no maletero e púxese a remexer nel, o xesto foi tan peculiar que sospeitei enseguida de que se trataba. Tendo en conta queo outro era o dono dun local de hostelería, caín na conta de que se trataba. A miña curiosidade fíxome dar un cambio de dirección e aproximarme a o coche e de refilón confirmei as miñas sospeitas.
Marisco, no interior había marisco. Como non teño fotos non vou decir nada evidentemente das persoas que vin. So decir que unha ten un local en Cambados e a outra non era de Cambados.
Ao día seguinte comentei o asunto cun mariñeiro e díxome "eso non acabará nunca". E contoume o caso dun restaurante que encargou 1500 pezas de vieira o ano pasado e que as recibeu sen problema.
O problema do furtivismo é que moitos mariñeiros son eles mismos quen acaban co mar e non son persoas alleas ao sector quen esquilma o mar.
Esto pasou en Cambados pero non é exclusivo da nosa vila. Pasa na maioría das vilas costeiras da nosa Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.