Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de diciembre de 2013

O B.N.G. PREGUNTA POLA OBRA DAS QUINTÁNS





O B.N.G. de Cambados ven de presentar por rexistro unha serie de preguntas sobre as obras nunha pista que se están a realizar no lugar de Quintás, Castrelo;  obra consistente no ancheamento do camiño que baixa dende Condes de Albarei ata a desembocadura do Rio Umia. Dita obra  realízase dentro dun espacio natural protexido e, segundo queixas dos veciños/as, sen consenso con gran parte dos propietarios/as das parcelas que están obrigados a ceder  parte da súa propiedade  para a ampliación da citada pista.


Solicita polo tanto que se lle repondan as seguintes preguntas:

1.-  Cal é a necesidade de acometer esa obra?


2.- Que orzamento esta asignado para a súa realización? Que parte do orzamento lle corresponde financiar ao Concello de Cambados?


3.- Con qué permisos, e de que organismos, conta o Concello para emprender unha obra tan agresiva co medio ambiente?


4.- Porque non se trataou de chegar a acordos cos veciños/as afectados/as e, pola contra, se lles obrigou a ceder terreos e árbores para beneficio de non se sabe moi ben quen ou qué?


5.- Como  e en que medida, valora vostede, que  esta actuación beneficia  ao povo de Cambados en xeral e á parroquia de Castrelo en particular?


6.- Se como din, esta obra, é para que poidan chegar os buses ao remate da pista, porque non se habilita un aparcamento na pista de entrada á Adega Condes de Albarei e se promociona que os posibles visitantes fagan o percorrido a pé, gozando  así do contorno paisaxístico desta privilexiada zona natural?


7.- Qué necesidade hai de gastar os cartos agredendo á natureza, podendo facer as cousas de maneira que saián gañando tanto os cidadáns como a paisaxe?





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.