Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de diciembre de 2013

CAMPAÑA DE NADAL DO COMERCIO CAMBADÉS






A Asociación Comercial Cambados Zona Centro ven de presentar a súa campaña de promoción de vendas neste Nadal. En total repartirán 1.100 en vales de compra entre os seus clientes, e colaborarán coas actividades para cativos que organiza o Concello.

Un total de 1.100 euros en vales de compra é o agasallo que teñen previsto desde Cambados Zona Centro este Nadal para os seus clientes. Todos aqueles que merquen nos 120 comercios e locais de hostalería adheridos a esta Asociación recibirán rifas, sexa cal sexa o gasto que realicen, e con elas poderán optar ó sorteo destes catro vales, que terá lugar o venres día 10 de xaneiro no Salón de Plenos do Concello. 

 Zona Centro tamén colaborará nas actividades que organiza o Concello para os máis pequenos da casa: un concurso de postais de Nadal, o venres 20, e cadan súa festa infantil os días de noiteboa e fin de ano, e tamén a Cabalgata de Reis. É por último  os comerciantes de Cambados intentarán que estas festas non quede ningún neno sen xoguetes, co que desde esta semana están a recoller xoguetes para fins solidarios nas súas oficinas da Rúa Ourense.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.