Ao igual que noutros encontros nos que a vitoria se tivo que deicidir nos últimos segundos,o brazo dos amarelos se encolleu no último cuarto ante o Guadalajarapermitendo que os alcarreños asaltaran O Pombal (60-66).
Os de Yago Casal non estiveron cómodos en ningún momento fronte a un rival que, a pesar do cansazo da longa viaxe e de chegar co tempo xusto a Cambados, logrou facer o seu xogo e marcar a pauta do choque.
Os visitantes empezaron o partido mandando no marcador, cunha diferenza que se ampliou no inicio do segundo cuarto ata os 10 puntos (13-23).
Nese momento o Xuven reaccionou para meterse no encontro e poñerse por primeira vez por diante antes do paso por vestiarios (29-28).
A partir de aí o choque transcorreu cunha grande igualdade, coas defensas destacando por enriba dos ataques, ata uns últimos minutos nos que a falta de acerto de cara ao aro dos amarelos, engadido á maior precisión dende o tiro libre do Guadalajara remataron por decantar o choque.
Con esta derrota o Conservas de Cambados estáncase con tres vitoria e seis derrotas na novena praza achegándose perigosamente á zona baixa da clasificación da Adecco Prata.
CONSERVAS DE CAMBADOS (60): Orellano (6), Alberto Rodríguez (9), Rafa Wildner (2), Merino (13), Taylor García (6) -cinco inicial- Mamadou Diop (3), Lucas Vaquero (2), Diatta Diop (4), Oubiña (15), Patiño.
CEBA GUADALAJARA (66): Maxi Solé (13), Raúl Lázaro (4), Medori (14), Guillén (8), Álvaro Martín (8) -cinco inicial- Eduardo Durán (16), Vidal, Kikdnadze, Kouril, Javier González (3).
Árbitros: González Cuervo e Carpallo Miguélez. Sen eliminados.
Parciais: 11-16, 18-12, 20-20, 11-18.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón do Pombal, Cambados.
Noutro orde de cousas decir que o Conservas de Cambados Xuven levaba ata o sábado recollidos 440 quilos de alimentos na sua campaña BALONCESTO SOLIDARIO e que se entregarán a Cáritas e que aínda non rematou pois no vindeiro partido seguirá aberta.
Noutro orde de cousas decir que o Conservas de Cambados Xuven levaba ata o sábado recollidos 440 quilos de alimentos na sua campaña BALONCESTO SOLIDARIO e que se entregarán a Cáritas e que aínda non rematou pois no vindeiro partido seguirá aberta.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.