Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de diciembre de 2013

"LA VUELTA" VOLVE A PONTEVEDRA. DARANLLE USO A BATEA?




Como avanzáramos neste blog hai unhas semáns........

Presentación da mascota Mexilón 
.............La Vuelta Ciclista a España regresará a Pontevedra na súa edición de 2014. Será o cuarto ano consecutivo en que a competición pasará pola provincia e farao cun "amplo recorrido", pero as etapas e trazados en concreto polos que pasará aínda están sen confirmar.
O presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, confirmou este venres a noticia que se avanzara meses atrás, que "non ano 2014 imos ter este evento tamén na provincia" e sinalou que "nos próximos días iremos avanzando aspectos" máis concretos.

La Vuelta 2014 presentaranse o próximo 11 de xaneiro en Cádiz, pero antes xa se coñecerán detalles do seu paso por Pontevedra. Louzán avanzou que o percorrido pontevedrés darase a coñecer "antes de que remate o ano", con case toda seguridade ao longo da próxima semana.
E agora que nadie quere a batea de marras i está olvidada en Vilanova, daralle uso de novo? Canto gasto para nada, porque o empresario que a mercou e acristalou non creemos que tirara os cartos. E si os tirou con que obra ou servicio lle compesarán?
Á espera de que Unipublic, a empresa organizadora de La Vuelta, confirme por onde pasará, o presidente provincial xa adiantou que a representación pontevedresa será, polo menos, tan importante como a deste 2013. . "Espero que de novo máis da metade dos municipios da provincia teñan esa caravana multicolor".
LOUZÁN TRAE DE NOVO LA VUELTA A PONTEVEDRA



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.