Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de diciembre de 2013

A SITUACIÓN DO CUARTEL DA GARDA CIVIL DE CAMBADOS CHEGOU AO SENADO





A senadora Autonómica socialista, Paula Fernández, subliñou que, malia que o PP tivo a oportunidade no Senado de demostrar a súa aposta por Cambados "preferiu rexeitar todas as enmendas presentadas polo Partido Socialista para a construción do novo cuartel da garda civil" xa que vetou esta infraestructura no debate dos PGE 2014 ao rexeitar a enmenda socialista. 

Con esta enmendas, o PSOE buscaba, que se habilitara nos orzamentos un investimento adicional de 300.000 euros para a construción do novo cuartel da Garda civil de Cambados "o actual cuartel quedouse obsoleto e os gardas teñen serios problemas tanto para adaptar o espazos aos novos procedementos como para aloxar ás súas familias".





A parlamentaria socialista apuntou que era necesario aprobar esta proposta de modificación "para que os orzamentos xerais do estado tivesen unha dotación suficiente e poder contratar e investir eses 300.000 euros no 2014" e recordou que a pesar que o PP de Cambados no ano 2010 criticaba abiertamente que non se incluíu esta obra nos orzamentos aínda malia que foi o propio Concello de Cambados quen non entregou a información a tempo para a súa inclusión "agora cálanse e nin sequera presionan para que os senadores populares galegos votasen a favor" apostilou. 

Desde a agrupación socialista de Cambados tampouco entenden esta postura xa que o Alcalde Luís Aragunde foi o primeiro en reprochar esta situación ao Psoe cando estaba gobernando. 
Unha vez que esta foi incluída nos Orzamentos, o Alcalde Aragunde presentou a documentación debida para poder levar a cabo a obra, fóra de prazo. Agora que eles están gobernando, vólvese nuevamente a presentar por parte do Psoe, a posibilidade de arranxar o cuartel da garda civil e son eles os que votan en contra. 




A Portavoz do PSOE no Concello de Cambados, Fátima Abal, asegurou que se trata doutro exemplo das mentiras do Partido Popular, "non quixeron que se levase a cabo a obra no ano 2010 tras presentar tarde a documentación e agora que están no Goberno votan en contra dunha obra tan necesaria para Cambados como é o arranxo do Cuartel da Garda Civil. Isto dá a entender que no 2010 entregaron a documentación fóra de prazo á mantenta, para que a obra non se fixese". 

Así mesmo, Fátima Abal afirmou que Luís Aragunde debe dar explicacións de por que non quere que Cambados conte cun novo cuartel da Garda Civil e presentará unha pregunta por escrito sobre este tema para o Pleno do xoves 19. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.