Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de diciembre de 2013

3,5 MILLÓNS DE EUROS PARA ACTIVIDADES SOCIAIS, CULTURAIS E DEPORTIVAS





Sairán publicadas no BOPPO o 8 de xaneiro e os colectivos disporán de 30 
días para solicitar as axudas
A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa Xunta de Goberno, as bases de varios programas para colectivos sociais, culturais, comunitarios e deportivos, por un importe de 3,5 millóns de euros. Estas bases sairán publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o vindeiro día 8; os citados colectivos disporán de 30 días, a partir desa data, para presentar as súas solicitudes.

As bases e contías hoxe aprobadas beneficiaron o ano pasado a 4500 colectivos da provincia; este ano beneficiarán a uns 5000.
Entre as bases aprobadas destacan as de cultura, cunha contía total de 1,3 millóns para o Plan Cultural (o ano pasado participaron 1.124 grupos e promovéronse 1.908 actuacións), 300.000 euros para actividades culturais (o ano pasado foron 360 as que se realizaron), 150.000 euros para a adquisición de instrumentos e vestiario (140 colectivos favorecidos en 2013) e 300.000 euros para obras en instalacións culturais (80 realizadas o ano pasado).

As bases para as entidades de servizos sociais especializados acadan os 382.000 euros; en 2013 acolléronse a estas axudas 119 entidades.
As bases de apoio ós clubs deportivos de competición federada representan unha contía de 400.000 euros; o ano pasado, cunha cifra similar, a Deputación apoiou a actividade de preto de 600 clubs de toda a provincia.
Finalmente, as bases do Programa de Acción Comunitaria chegan ó millón de euros. Dentro deste programa o ano pasado foron 241 as comunidades veciñais que executaron diversas obras.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.