Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de noviembre de 2013

O B.N.G. DA CONTA DE NOVOS VERTIDOS E PREGUNTA POLA E.D.A.R.





Victor Caamaño, voceiro do B.N.G. de Cambados ven de remitir unha nota de prensa na que expón o seguinte: que onte, día 13 de novembro, un grupo de veciños/as de Oubiña alertaron sobre un vertido procedente do Polígono Industrial de Sete Pías. O vertido denunciado, saía dunha arqueta do polígono (arqueta que mostraba varios sumidoiros vertendo augas, aparentemente, contaminantes) e ía directamente ao foxo da estrada Cambados – Ponte Arnelas. Como queira que este tipo de feitos, desgraciadamente, non son unha novidade neste mal planificado polígono industrial, e como xa está en funcionamento a EDAR de Ribadumia que, segundo o Alcalde, resolvería este tipo de problemática, é polo que




SOLICITA: que se respondan ás seguintes preguntas:

1.- É coñecedor o Concello de Cambados de que onte (día 13 de novembro) producíronse este tipo de verteduras industriais que ían directamente ao foxo da estrada Cambados – Ponte Arnelas? En caso afirmativo, responda que actuacións realizaron.

2.- Tivo o concello coñecemento de verteduras semellantes a esta, nese mesmo lugar e en datas anteriores?

2.- Sabe o concello cal é a procedencia deste tipo de verteduras?


3.- Que tipos de actuacións ten emprendidas o concello para evitar este tipo de episodios contaminantes? Que valoración fai o concello do resultado das  actuacións realizadas para impedir as verteduras?

4.- Cal é a razón de que a entrada en funcionamento da EDAR de Ribadumia non solucione esta problemática? Solucionará esta problemática en datas próximas? Cando, aproximadamente?




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.