Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de noviembre de 2013

OS AVOGADOS CONCÉNTRANSE MAÑÁN CONTRA A LEI DE TAXAS XUDICIAIS





 Cada vez máis os cidadáns que se botan atrás e deciden non acudir á Xustiza.
Día a día, en todos os despachos de avogados da provincia de Pontevedra e do resto de estado nótase o impacto da Lei de Taxas Xudiciais. Chega un cliente e o letrado calcula o custo que supoñerá a súa defensa, pagar a defensa da parte contraria no caso de que perda e, a maiores, o importe das taxas xudiciais que debe pagar xa para presentar a demanda. Entregada a factura os posibles clientes  desbotan a posibilidade de entrar en pleito.

Por este e outros motivos o Colexio de Avogados de Pontevedra invita a toda a cidadanía a unha concentración de rexeitamento fronte á Lei de Taxas Xudiciais. A protesta será ás 12.00 horas deste mércores 20 de novembro ante a Audiencia Provincial e nas sedes de todos os partidos xudiciais da provincia.


Os avogados conclúen que o obxectivo da Lei de Taxas "era y ee puramente recaudatorio y disuasorio para el acceso a la justicia de los ciudadanos" e recordan que a contestación social foi unánime e hai cinco recursos e varias cuestións de inconstitucionalidade presentados. No momento actual, confían en que o Tribunal Constitucional tombe a normativa e piden que "agilice su respuesta".



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.