Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de octubre de 2013

PROMETER ATA METER, E UNHA VEZ METIDO.... NADA DO PROMETIDO




Por non decir insuficientes. Gástase máis Louzán en campos de fútbol en seis meses que a Xunta na nosa comarca durante un ano. Aparte en obras que xa deberían estar rematadas, como é o caso do centro de dia de Cambados prometido e requeteprometido polo iluminado Aragunde coa complicidade de Cores Tourís.

Eso sí, escoitando por exemplo a o Alcalde de Coruña parece que esa cidade sí é beneficiada. "O Governo de Feijóo reparte máis cartos para a nosa cidade que o bipartito". Pois deben ir para alí o que lle negan a o Salnés.

Os orzamentos xerais da Xunta para o ano 2014 contemplan unha inversión de case 10 millóns de euros na comarca do Salnés. Boa parte destes fondos irán destinados a Vilagarcía. Para a ampliación do Hospital prevese unha inversión de 4 millóns de euros, contando as partidas destinadas a maquinaria e mobiliario. Supón o 40% do montante global que percibe o Salnés. 

Medio Rural e Mar tamén financiará melloras no servizo de Gardacostas, por valor de 2 millóns de euros e en menor cantidade na potenciación do Intecmar, en Vilaxoan, que recibirá case 390.000 euros para mellorar a rede de control e supervisión do estado das augas dende o punto de vista alimentario. 

Outra das grandes inversións vaise para O Grove, con 900.000 euros distribuídos en tres partidas para a construcción do novo pavillón polideportivo de Monte da Vila. 

Para Cambados irá a parar case un millón de euros para a nave multiusos de Tragove e 459.000 da Consellería de Traballo para o centro de día. Tamén está orzamentada a segunda fase da recollida de verquidos do Saco de Fefiñáns. Tamén Traballo destinará 200.000 euros para a ampliación da gardería de Vilanova. 

Para Pontevedra aparace pouco máis dun millón de euros para o Hospital de Montecarrasco, unha cifra que antóllase insuficiente como para ver un avance importante no proxecto. A Cidade do Lérez lévase 5,2 millóns de euros para a construcción de vivendas de protección pública en Valdecorvos e 2,5 millóns para o novo edificio xudicial da Parda.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.